SPJ-USO GALICIA

Unha alternativa ao sindicalismo de hoxe

Fin de semana: “Os tesouros ocultos dos arrecifes de coral”

Posted by spj-uso en septiembre 20, 2008

Fonte: El Mundo.es

Na foto: A coral branda ‘Dendronepthya‘. (Foto: Gary Granitch | Queensland Museum)

O descubrimento de centos de novas especies de corais e doutros organismos sorprendeu a un grupo de investigadores internacionais que exploraba as augas dos arrecifes de coral australianos, augas utilizadas con bastante regularidade polos submarinistas.

Os achados lográronse nas illas Lizard e Heron, que forman parte da Gran Barreira de Coral australiana, e no filón de Ningaloo, situado ao noroeste do país.

As expedicións, desenvolvidas por investigadores do Instituto Australiano de Ciencia Mariña e afiliadas ao Censo Global de Vida Marítima, realizábanse co obxectivo de completar o primeiro inventario científico e sistemático de corais brandos, coñecidos como octocoralarios, polos oito tentáculos nos que rematan as súas extremidades.

Tras completar unha serie de análise, os investigadores lanzaron algúns resultados iniciais dos seus estudios, así como unha serie de impresionantes imaxes dos descubrimentos; todo, produto de catro anos de traballo para rexistrar a diversidade de vida en e arredor dos arrecifes máis coñecidos de Australia.

Da grande variedade de especies atopadas destacan 300 novas clases de coral branda, das cales máis da metade se cre que son completamente novas para a ciencia.

Ademais, estudáronse ducias de especies de pequenos crustáceos, que mesmo poden estar agrupadas nunha ou dúas novas familias, así como novas especies da orde ‘Tanaidacea‘, animais moi parecidos ao camarón, que poden chegar a ter poutas máis longas que o seu propio corpo.

O equipo tamén atopou unha grande cantidade de diminutos crustáceos anfípodos, coñecidos como os insectos do mundo marítimo, dos cales se estima que entre o 40 e o 60% serán formalmente descritos por primeira vez.

As fotografías que lograron os expedicionarios non teñen desperdicio. Delas resalta a dun exemplar de anfípodo da familia ‘Maxillopoda‘ que posúe unha pata nas súas costas tres veces o tamaño do seu corpo e que foi rexistrado en contadas ocasións.

Tamén captaron imaxes dunha rara augamar do xénero ‘Casiopeia‘, fotografada dende o fondo do mar axitando os seus tentáculos na auga. Esa postura permite a algunhas algas vivir nos seus tentáculos para capturar a luz do sol que necesitan para a fotosíntese.

No desenvolvemento de todo o proceso, os investigadores deseñaron novos métodos para axudar a estandarizar as medidas do estado de saúde, a diversidade e a información biolóxica dos arrecifes de corais en todo o mundo, para poder realizar análises comparativas.

Co obxectivo de facilitar futuros descubrimentos, o equipo fixou diversas estruturas plásticas chamadas ARMS para que a vida mariña poida colonizar o fondo das illas. Estes dispositivos, que serán recollidos entre os próximos tres anos, son comparables con casas de bonecos baleiros e proporcionan un refuxio deseñado para atraer a unha grande variedade de especies.

Sorry, the comment form is closed at this time.