SPJ-USO GALICIA

Unha alternativa ao sindicalismo de hoxe

Archive for 30 septiembre 2008

Medidas de reforzo nos Xulgados do Penal

Posted by spj-uso en septiembre 30, 2008

Pola DXX comunícasenos as medidas adoptadas nos Xulgados do Penal (tema executorias) ao día de hoxe:

– Xulgado Penal n1 A Coruña: 2 prolongacións de xornada, corpo de tramitación.

– Xulgado Penal 2 A Coruña: 1 prolongación xornada corpo de xestión e 1 reforzo corpo de tramitación.

– Xulgado Penal 3 A Coruña: 3 prolongacións de xornada ( 1 xestor e 2 tramitadores) e 1 reforzo corpo de tramitación.

– Xulgado Penal n 4 A Coruña: 2 prolongacións de xornada corpo de tramitación.

– Xulgado Penal 5 A Coruña: 1 prolongación de xornada de tramitación e 1 reforzo corpo xestión.

– Xulgado Penal 1 Ourense: 3 prolongacións de xornada: 1 xestor e 2 tramitadores.

– Xulgado Penal 2 Ourense: 2 prolongacións de xornada: 1 xestor e 1 tramitador.

– Xulgado Penal 1 Pontevedra: 2 prolongacións xornada: 1 xestor e 1 tramitador.

– Xulgado Penal 2 Pontevedra: 3 prolongacións de xornada, tramitadores.

– Xulgado Penal 3 Pontevedra: 2 prolongacións de xornada, xestores.

– Xulgado Penal 2 Vigo: 1 prolongación de xornada, tramitación.

Proximamente vanse conceder as seguintes medidas:

– Xulgado Penal 1 de Lugo: 1 prolongación de xornada, corpo de tramitación.

– Xulgado Penal 1 Vigo: 1 prolongación de xornada, corpo de tramitación.

– Xulgado penal 2 Vigo: 1 prolongación xornada.

– Xulgado Penal 3 Vigo: 1 prolongación de xornada, corpo de tramitación.

Anuncios

Posted in COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados en Medidas de reforzo nos Xulgados do Penal

Comisión de servizos para os Servizos de Atención á Cidadanía e a Vítima

Posted by spj-uso en septiembre 30, 2008

Pola DXX comunícasenos que en datas próximas vai proceder á  publicación no DOG da onvocatoria das comisións de servizos para cubrir as prazas das oficinas de atención ao cidadán e á vítima, que comezarán a funcionar o próximo día 31 de outubro. As prazas que se convocan son as seguintes: Unha praza de Xestor Procesual e unha de Tramitador Procesual para as oficinas de Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo, e unha praza de Tramitador Procesual para as oficinas de A Coruña e Pontevedra.

Para consultar a orde da convocatoria, preme aqui.

Posted in COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados en Comisión de servizos para os Servizos de Atención á Cidadanía e a Vítima

Corbacho forma un guirigay con el salario de los funcionarios y el Gobierno aclara que el sueldo de los funcionarios subirá un 2%, no un 3,9%

Posted by spj-uso en septiembre 27, 2008

Fuente: Expansión.com

El Gobierno aclara que el sueldo de los funcionarios públicos se incrementará un 2% en 2009, porcentaje al que habrá que sumar el complemento específico a las pagas extraordinarias (1%) y las aportaciones al fondo de pensiones de los funcionarios (0,5%), más una aportación de los fondos adicionales (0,375%), de forma que el aumento total de la masa salarial será del 3,8%.

En declaraciones a Europa Press, el Ejecutivo precisó así las palabras del ministro de Trabajo, Celestino Corbacho, quien preguntado durante los Desayunos Informativos de Europa Press sobre cuánto deberían subir los salarios en el sector privado si “a los empleados públicos se les sube el sueldo un 3,9%”, dijo que “el Gobierno no ha dicho en ningún momento, ni se ha planteado, que el salario de los empleados públicos vaya a subir en este porcentaje”.

Lee el resto de esta entrada »

Posted in PRENSA | Leave a Comment »

Fin de semana: Paisaxes

Posted by spj-uso en septiembre 26, 2008

Posted in General | Comentarios desactivados en Fin de semana: Paisaxes

Constitución dos servizos comúns de atención á cidadanía e asistencia á vítima dependentes dos decanatos dos xulgados das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo.

Posted by spj-uso en septiembre 26, 2008

No DOG de hoxe, 26.9.08, publicase a Resolución do 15 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se constitúen os servizos comúns de atención á cidadanía e asistencia á vítima dependentes dos decanatos dos xulgados das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo, tendro prevista a súa entrada en funcioanmento para o vindeiro 31 de outubro.

Para ver a resolución preme aqui.

Posted in PUBLICADO NO DOG | Comentarios desactivados en Constitución dos servizos comúns de atención á cidadanía e asistencia á vítima dependentes dos decanatos dos xulgados das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo.

O Ministerio de Xustiza aproba a dotación económica do xuíz de reforzo para o xulgado que instrúe o caso Prestige

Posted by spj-uso en septiembre 26, 2008

O Ministerio de Xustiza aprobou hoxe a dotación económica da praza de xuíz de reforzo para o Xulgado de Instrución número 1 de Corcubión (A Coruña), que coñece o caso Prestige, que acumula case seis anos e uns 150.000 folios.

En declaracións a Europa Press, fontes do departamento que dirixe Mariano Fernández Bermejo informaron de que a petición do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) de trasladar unha maxistrada substituta ao xulgado da localidade coruñesa, decidida pola comisión permanente do máximo órgano xudicial o pasado día 8, foi recibida o martes coa instrución de resolverse en 48 horas.

Seguindo este trámite, hoxe decidiuse autorizar para os efectos económicos a praza asignada a Sonia María Cartamil, para que se encargue dos asuntos ordinarios e permita á actual titular, Carmen Veiras, encargarse en exclusiva da instrución do caso Prestige.

Pola súa banda, fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron a Europa Press que hoxe recibiron a comunicación ministerial por teléfono, aínda que aínda falta por chegar a oficial. Neste sentido, confiaron en que non haxa atrasos, co fin de que a principios de outubro poida acharse no seu posto.

Mentres tanto, a Consellería de Presidencia designou unha persoa como reforzo do tribunal de Corcubión e unha prolongación de xornada. Así, un dos funcionarios realiza unha quenda de 40 horas semanais, fronte ás 37 e media que cumpría. Estas medidas correspóndense “ás demandas” do xulgado, polo que fontes do departamento autonómico aseguraron a Europa Press que “se deu resposta a elas” na súa totalidade”.

Posted in PRENSA | Comentarios desactivados en O Ministerio de Xustiza aproba a dotación económica do xuíz de reforzo para o xulgado que instrúe o caso Prestige

O ministro Corbacho ten razón

Posted by spj-uso en septiembre 25, 2008

Posted in General | Leave a Comment »

Ampliación da dotación do servizo de garda de Vigo

Posted by spj-uso en septiembre 25, 2008

Pola Subdirección Xeral de Relacións e Recursos Humanos da Dirección Xeral de Xustiza, comunicasenos que nos próximos días se publicará no DOG a ampliación da dotación do servizo de garda do partido xudicial de Vigo en dous funcionarios ( igual que en A Coruña), atendendo ás reivindicacións sindicais efectuadas reiteradamente nas distintas mesas sectoriais.

Entendemos dende SPJ-USO que é unha decisión tan acertada como necesaria da Dirección Xeral e que palía en certa medida a sobrecarga de traballo dos xulgados de garda desta localidade.

Posted in General | Comentarios desactivados en Ampliación da dotación do servizo de garda de Vigo

Bolsas de Traballo de Secretarios Xudiciais Substitutos

Posted by spj-uso en septiembre 24, 2008

No BOE de hoxe publicase a Resolución de 9 de setembro de 2008, da Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se convocan bolsas de traballo de Secretarios Xudiciais substitutos nas provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Contido da orde: De conformidade co disposto no artigo 451 da LOPJ e nos artigos 134 a 139 do RD 1608/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais, esta Secretaría de Goberno acordou anunciar a convocatoria de Bolsas de Traballo de Secretarios Xudiciais Substitutos nas provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, conforme ás seguintes bases:

Primeira. -Fíxase en 40 o número de prazas que deben constituír a bolsa na provincia de A Coruña, máis 12 como cota de reserva, 24 na provincia de Lugo, máis 7 como cota de reserva. 24 na provincia de Ourense, máis 7 como cota de reserva. 40 na provincia de Pontevedra, máis 12 como cota de reserva.

As bolsas terán vixencia durante un ano a partir da publicación da súa constitución, prorrogable por outro.

Lee el resto de esta entrada »

Posted in SECRETARIOS SUSTITUTOS | Comentarios desactivados en Bolsas de Traballo de Secretarios Xudiciais Substitutos

Comisións de Servizos

Posted by spj-uso en septiembre 23, 2008

Comunícanos a DXX que en breves datas sacarán a concurso as Comisións de Servizos para as prazas de Xestión e Tramitación dos novos Servizos Comúns de Atención ao Cidadán e á Vítima de Ourense, Lugo, Santiago, Ferrol e Vigo. En Coruña e Pontevedra crearíase unha praza de tramitación.
Probablemente na mesma convocatoria se oferten as prazas dos órganos de nova creación que entran en funcionamento a finais de decembro.

Nestas comisións de servizo valoraríase unicamente a antigüidade e os cursos de galego (igual que nun concurso de traslados).

Posted in COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados en Comisións de Servizos