SPJ-USO GALICIA

Unha alternativa ao sindicalismo de hoxe

O TSXG reúnese en Pontevedra para celebrar un Pleno de carácter ordinario

Posted by spj-uso en octubre 25, 2008

 Antonio Gutierrez, presidente en funciones de la Audiencia, dio la bienvenida al presidente del TSXG, en el centro

Antonio Gutierrez, presidente en funcións da Audiencia, deu a benvida ao presidente do TSXG, no centro

Fonte: Diario de Pontevedra,

A comida homenaxe ao ex presidente da Audiencia Provincial, Manuel Almenar, serviu de escusa para que a sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) celebrase o seu pleno ordinario en Pontevedra e se adoptasen algunhas decisións relevantes de cara ao mellor funcionamento da admón. de Xustiza na capital.

O futuro xulgado de violencia de xénero da cidade de Pontevedra será de ámbito comarcal. Ademais do municipio pontevedrés, o novo órgano agrupará os partidos xudiciais dos concellos de Vilagarcía, Cambados, Caldas de Reis e Marín. O presidente en funcións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Antonio González Nieto, confirmou a noticia minutos antes da súa participación no Pleno ordinario que a sala de goberno da institución celebrou onte na Audiencia Provincial de Pontevedra. A pesar de non haber data concreta para a súa posta en marcha, o certo é que a capital da provincia se converterá na terceira cidade galega -tras A Coruña e Vigo- cunha sala que se ocupará de forma específica ás causas derivadas de malos tratos.
O que si ten os días contados para comezar a súa actividade é o quinto Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra. Activarase o próximo 31 de decembro e suporá a reordenación do edificio xudicial de A Parda debido a problemas de espazo. “Este é un escollo que temos en bastantes xulgados de Galicia, pero a Consellería de Presidencia e Administración Pública e Xustiza traballa xa para buscar unha solución”, explicou González Nieto.

Coa especialización do citado xulgado este asumirá as competencias en materia de dereito de familia, – liquidación de réxime económico matrimonial, capacidade, tutelas, protección de menores e internamento voluntario en réxime psiquiátrico, entre outros-  que provocou xa o colapso noutros xulgados de primeira instancia debido á separación das causas xudiciais civís e penais. Estas últimas son máis levadeiras en termos de carga laboral.

O presidente do TSXG asegurou, por outra parte, que a Audiencia Provincial de Pontevedra foi unha das poucas nas que non se produciu un colapso administrativo nas causas de carácter civil. “É certo que hai problemas coa sección dependente, en Vigo. Neste caso foi por falta de planificación no primeiro momento no que entraron en funcionamento, cando se acumularon o número de asuntos,”, argumentou González Nieto, que adiantou que o problema se está a resolver a través de maxistrados de reforzo.

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: