SPJ-USO GALICIA

Unha alternativa ao sindicalismo de hoxe

O Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Ourense ao bordo do colapso

Posted by spj-uso en octubre 24, 2008

O xulgado, que leva os asuntos de mercantil, recibiu en dous meses tantos concursos como en todo o ano 2007.

Fonte: La Región
Crítica parece que empeza a ser a situación na que se atopa o Xulgado de 1ª Instancia número 4, con competencias en materia mercantil. A crise económica, que se está a facer evidente dende o comezo do último trimestre do ano, tivo xa reflexo, case preocupante, nas cifras de asuntos que se manexan no xulgado.
Así, mentres que no 2007 a instancia recibiu un total de 1.323 asuntos, este ano a cifra de entradas atopa xa nos 1.200, o que fai sospeitar que o ano se pechará cunhas 1.600 causas. Isto suporía un importante aumento en só doce meses.
Especialmente significativo, neste sentido, é o que acontece cos concursos de acredores. Tanto é así que no ano 2007 se recibiron unha decena de asuntos procedentes de empresas que declaran suspensión de pagamentos, mentres que ata comezos do mes de outubro do 2008 se xa dera entrada a 19 destes asuntos. De feito, a chegada de demandas de empresas que se acollen á Lei Concursal foi abafadora entre os meses de setembro e outubro, con oito demandas, case as mesmas que se recibiron durante todo o ano pasado.
Con estes datos sobre a mesa a xunta de persoal urxe á Xunta para que acorde enseguida o reforzo do persoal que traballa no xulgado, que tamén ten outras competencias civís. «De non se facer ese reforzo, nuns meses o xulgado estará colapsado», auguran.

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: