SPJ-USO GALICIA

Unha alternativa ao sindicalismo de hoxe

Os sindicatos CCOO, UGT, CSIF, ELA e CIG aceptan unha suba no ano 2009 do 3,8%.

Posted by spj-uso en septiembre 16, 2008

Fonte: Expansión.com

Os sindicatos CCOO, UGT, CSI-CSIF, ELA e CIG aceptaron que o salario dos funcionarios o ano que vén se cinga ao pactado no ano 2004, é dicir, unha suba do 2% á que se suma un 1% adicional para a consolidación das pagas extraordinarias e outro 0,8% para o fondo de pensións e outras materias.

En total, suporá unha suba salarial do 3,8%, polo que os funcionarios poden ver incrementar os seus soldos por debaixo da inflación. O IPC interanual atópase actualmente no 4,9% pero dende o Goberno espera que siga baixando grazas ao petróleo, ata quedar por debaixo do 4% a final de ano.

Así pactárono o martes 16 de setembro na reunión que os representantes sindicais mantiveron coa ministra de Administracións Públicas, Elena Salgado, na Mesa Xeral de Negociación para retomar e impulsar o diálogo social iniciado na anterior lexislatura.

O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) subliña nun comunicado que os representantes dos traballadores, “conscientes da situación de crise económica que atravesa o país, pediron o cumprimento do establecido no acordo retributivo asinado en 2004, de maneira que se posibilite o mantemento do poder adquisitivo”.

As organizacións sindicais trasladaron á ministra a súa preocupación polo propósito do Goberno de utilizar a redución da Oferta de Emprego Público para o próximo ano como un dos mecanismos para afrontar a crise económica, e lle han insistindo en que “en etapas de crises económicas é esencial ofrecer aos cidadáns uns servizos públicos de calidade”.

Neste sentido, os sindicatos propuxeron á titular de Administracións Públicas un acordo de dous anos, con vixencia ata 2010, baseado na plataforma acordada en xuño, e a creación de catro comisións para traballar en distintas áreas, como o emprego, a articulación da negociación colectiva, a modernización da Administración Pública e as políticas de igualdade.

Entre as medidas formuladas polos sindicatos, CC.OO. destaca o “dimensionamento axeitado” da Oferta de Emprego Público, a axilización dos procesos de selección, promoción e carreira profesional, e a eliminación da taxa de reposición de efectivos en concellos menores de 100.000 habitantes.

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: