SPJ-USO GALICIA

Unha alternativa ao sindicalismo de hoxe

Comisión Servizos Rexistro Civil Exclusivo Vigo (DOG 15.5.08)

Posted by spj-uso en mayo 15, 2008

Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión temporal e por petición do interesado de postos de traballo no Rexistro Civil Exclusivo de Vigo, entre funcionarios do corpo ou escala de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial (LOPX), modificada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, regula no seu artigo 527.1º a provisión temporal de postos vacantes mediante a comisión de servizos mentres non resulte posible a súa provisión definitiva mediante concurso de traslados.
Coa finalidade de dotar o Rexistro Civil Exclusivo de Vigo, con motivo da ampliación do seu cadro de persoal, segundo a Orde do 7 de abril de 2008 do Ministerio de Xustiza, procede anunciar a súa provisión temporal co obxecto de que os funcionarios do corpo ou escala de tramitación procesual e administrativa interesados poidan solicitar as oportunas comisións de servizos, mentres non se adxudiquen as prazas por concurso de traslados.

Por todo isto, en aplicación das competencias que lle corresponden a este órgano de conformidade co artigo 20.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, en relación co Real decreto 2397/1996, sobre transferencia a esta comunidade de medios persoais para o servizo da Administración de xustiza, co artigo 525 da LOPX, e co Decreto 37/2007, do 15 de marzo, polo que se establece na estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,


DISPOÑO:
Primeiro.-Obxecto.
O procedemento e a convocatoria ten por obxecto posibilitar a provisión de forma temporal, en comisión de servizos, de postos de traballo no Rexistro Civil Exclusivo de Vigo, para os funcionarios integrantes do corpo ou escala de tramitación procesual e administrativa que dependen da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o anexo I.
Segundo.-Solicitantes.
Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais, os funcionarios de carreira do corpo ou escala de tramitación procesual e administrativa ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados en Galicia en situación de servizo activo, que estean prestando efectivamente servizos en xulgados, tribunais ou fiscalías.
Terceiro.-Solicitudes.
Os interesados deberán presentar unha instancia axustada ao modelo que se xunta como anexo II a esta resolución.
Cuarto.-Informe.
A solicitude sinalada no punto anterior deberá remitirse co visto e prace do superior funcional (secretario xudicial, fiscal xefe ou director/subdirector Imelga). Unha vez realizada a baremación solicitarase o correspondente informe ao superior funcional, en relación coas necesidades do servizo, dos funcionarios que teñan opcións ao traslado en comisión.
Quinto.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes.
Como requisito imprescindible as solicitudes anticiparanse por fax á dirección xeral para axilizar a súa tramitación. Fax 981 54 62 22.
Ademais, as solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza (praza de Europa, 5º A-4º, 15781 Santiago de Compostela) e poderán presentarse nos rexistros administrativos da Xunta de Galicia ou de calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse por correo certificado, para o cal se presentarán nas citadas oficinas en sobre aberto co obxecto de ser datadas e seladas polo funcionario de correos antes de seren remitidas. Os solicitantes deberán enviar a solicitude que teña o selo da oficina de correos, sen que poidan admitirse as instancias que non cumpran este requisito pasado o prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto.-Duración das comisións de servizo, criterio para a súa concesión e dereitos do comisionado.

A duración das comisións de servizos será ata a adxudicación das prazas mediante concurso de traslados.

A selección e adxudicación das comisións de servizos será con base á maior puntuación obtida cos mesmos criterios que nun concurso de traslados, antigüidade e nivel de linguaxe xurídica.

A provisión temporal das prazas ofertadas concederase co carácter de comisión de servizos voluntaria.

Os funcionarios que se atopen en comisión de servizos conservarán o seu posto de orixe e terán dereito ás retribucións complementarias do posto que desempeñen.

Sétimo.-Publicación de listaxes provisionais e definitivas.

Recibidas todas as instancias e realizada a súa baremación, procederase a publicar na intranet xudicial e na páxina web da Xunta de Galicia unha listaxe coas puntuacións de todos os solicitantes, así como a adxudicación provisional en base ás ditas puntuacións, co fin de que no prazo de tres días hábiles se poidan realizar alegacións por fax. Transcorrido o dito prazo e á vista das alegacións efectuadas, procederase a publicar nos mesmos sitios a listaxe definitiva de adxudicación.

Oitavo.-Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente, no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos contaranse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I
Vacantes nos órganos xudiciais

Corpo de tramitación procesual e administrativa.

Unidade: Rexistro Civil Exclusivo.

Nº de prazas: 2.

Localidade: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Anuncios

Sorry, the comment form is closed at this time.

 
A %d blogueros les gusta esto: