Archivos de la categoría ‘COMISION DE SERVICIOS’
Listados de Adxudicación das Comisións de servizos para os Servizos de Atención á Cidadanía e a Vítima
Publicado por spj-uso en Octubre 14, 2008
Publicado en COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados
Substitucións verticais
Publicado por spj-uso en Octubre 7, 2008
Na intranet xudicial publicaránse os avisos de desocupación seguintes, para cubrir postos do corpo de tramitación mediante substitucións verticais. O prazo de presentación de solicitudes será os días 7, 8 e 9 de outubro
1.- XDO. DO MERCANTIL Nº2 – PONTEVEDRA
2.- XDO. DE 1ª INSTANCIA Nº4 – VIGO
3.- AUD.PROVINCIAL – SECCIÓN 3ª – A CORUÑA
Publicado en COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados
Convocatoria de selección de responsables operativos de calidade e coordinador operativo no marco de implantación do sistema de xestión de calidade nas oficinas de fiscalías de Galicia.
Publicado por spj-uso en Octubre 6, 2008
No DOG de hoxe, 6.10.08, publicase a convocatoria de selección de responsables operativos de calidade e coordinador operativo no marco de implantación do sistema de xestión de calidade nas oficinas de fiscalías de Galicia. Os solicitantes terán que ser funcionarios titulares do corpo de xestión procesual e administrativa con destino en calquera das oficinas das fiscalías provinciais ou de área de Galicia.
Para ver a resolución preme aqui
Publicado en COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados
Comisión de servizos para os Servizos de Atención á Cidadanía e a Vítima
Publicado por spj-uso en Octubre 6, 2008
O DOG de hoxe publica, como xa vos anunciaramos, a Resolución do 22 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión de forma temporal e por petición do interesado, de postos de traballo nos servizos de atención ao cidadán e á vítima dependentes dos decanatos, entre funcionarios do corpo ou escala de xestión procesual e administrativa e tramitación procesual e administrativa da Administración de Xustiza con destino na nosa Comunidade, sempre que se atopen en servizo activo e non teñan posibilidade de obter praza no concurso de traslados convocado por Resolución do 15 de marzo de 2.008.
As solicitudes cubriranse conforme ao Anexo II, e presentaranse dentro do prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte a esta publicación, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza e anticipadas por fax. 981. 54 62 22 a Dirección Xeral. As Comisións de Servizo iniciaranse o próximo día 31 de outubro de 2008 e concluirán coa adxudicación destas prazas mediante concurso de traslado.
As prazas que se convocan son as seguintes: Unha praza de Xestor Procesual e unha de Tramitador Procesual para as oficinas de Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo, e unha praza de Tramitador Procesual para as oficinas de A Coruña e Pontevedra.
Para consultar a orde da convocatoria, preme aqui.
Publicado en COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados
Publicación no DOG da convocatoria dos postos de traballo nos Servizos Comúns de Atención á Cidadanía e a Vítima
Publicado por spj-uso en Octubre 2, 2008
O día 07/10/2008 é a data prevista de publicación no DOG da resolución do 22/09/08 da Dirección Xeral pola que se convoca a provisión temporal dos postos de traballo nos Servizos Comúns de Atención á Cidadanía e a Vítima. O prazo de presentación de instancias comezará dende o día seguinte á publicación no DOG e será de cinco días.
Publicado en COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados
Medidas de reforzo nos Xulgados do Penal
Publicado por spj-uso en Septiembre 30, 2008
Pola DXX comunícasenos as medidas adoptadas nos Xulgados do Penal (tema executorias) ao día de hoxe:
- Xulgado Penal n1 A Coruña: 2 prolongacións de xornada, corpo de tramitación.
- Xulgado Penal nº 2 A Coruña: 1 prolongación xornada corpo de xestión e 1 reforzo corpo de tramitación.
- Xulgado Penal nº 3 A Coruña: 3 prolongacións de xornada ( 1 xestor e 2 tramitadores) e 1 reforzo corpo de tramitación.
- Xulgado Penal n 4 A Coruña: 2 prolongacións de xornada corpo de tramitación.
- Xulgado Penal nº 5 A Coruña: 1 prolongación de xornada de tramitación e 1 reforzo corpo xestión.
- Xulgado Penal nº 1 Ourense: 3 prolongacións de xornada: 1 xestor e 2 tramitadores.
- Xulgado Penal nº 2 Ourense: 2 prolongacións de xornada: 1 xestor e 1 tramitador.
- Xulgado Penal nº 1 Pontevedra: 2 prolongacións xornada: 1 xestor e 1 tramitador.
- Xulgado Penal nº 2 Pontevedra: 3 prolongacións de xornada, tramitadores.
- Xulgado Penal nº 3 Pontevedra: 2 prolongacións de xornada, xestores.
- Xulgado Penal nº 2 Vigo: 1 prolongación de xornada, tramitación.
Proximamente vanse conceder as seguintes medidas:
- Xulgado Penal nº 1 de Lugo: 1 prolongación de xornada, corpo de tramitación.
- Xulgado Penal nº 1 Vigo: 1 prolongación de xornada, corpo de tramitación.
- Xulgado penal nº 2 Vigo: 1 prolongación xornada.
- Xulgado Penal nº 3 Vigo: 1 prolongación de xornada, corpo de tramitación.
Publicado en COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados
Comisión de servizos para os Servizos de Atención á Cidadanía e a Vítima
Publicado por spj-uso en Septiembre 30, 2008
Pola DXX comunícasenos que en datas próximas vai proceder á publicación no DOG da onvocatoria das comisións de servizos para cubrir as prazas das oficinas de atención ao cidadán e á vítima, que comezarán a funcionar o próximo día 31 de outubro. As prazas que se convocan son as seguintes: Unha praza de Xestor Procesual e unha de Tramitador Procesual para as oficinas de Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo, e unha praza de Tramitador Procesual para as oficinas de A Coruña e Pontevedra.
Para consultar a orde da convocatoria, preme aqui.
Publicado en COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados
Comisións de Servizos
Publicado por spj-uso en Septiembre 23, 2008
Comunícanos a DXX que en breves datas sacarán a concurso as Comisións de Servizos para as prazas de Xestión e Tramitación dos novos Servizos Comúns de Atención ao Cidadán e á Vítima de Ourense, Lugo, Santiago, Ferrol e Vigo. En Coruña e Pontevedra crearíase unha praza de tramitación.
Probablemente na mesma convocatoria se oferten as prazas dos órganos de nova creación que entran en funcionamento a finais de decembro.
Nestas comisións de servizo valoraríase unicamente a antigüidade e os cursos de galego (igual que nun concurso de traslados).
Publicado en COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados
Substitucions verticais
Publicado por spj-uso en Julio 4, 2008
O lúns, día 7 de xullo, estarán na páxina da intranet xudicial os avisos de desocupación seguintes, para cubrir postos do corpo de tramitación mediante substitucións verticais. O prazo de presentación de solicitudes será os días 9, 10 e 11 de xullo.
1.- XDO. INSTRUCIÓN Nº 6 DE VIGO
2.- XDO. 1ª INSTANCIA Nº 3 DE VIGO
3.- XDO. SOCIAL Nº 3 DE LUGO
Tenemos a vuestra disposición el modelo de solicitud en la pagina FORMULARIOS
Publicado en COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados
Substitución Vertical Xulgado nº 5 de Vigo (Familia)
Publicado por spj-uso en Junio 20, 2008
Na Intranet faise publica a substitucións verticais entre titulares, para unha plaza de tramitación procesual no Xdo. 1ª Instancia nº 5 (Familia) Vigo, conforme ao establecido na orde de 7.5.08 da Dirección Xeral de Xustiza, publicada no DOG do 15.5.08, a instancia figura como Anexo II
prazo presentación instancias: 23, 24 e 25 de xuño
anticipar por fax: núm. 981 54 62 22
Publicado en COMISION DE SERVICIOS | Comentarios desactivados
